ASOPORCEL -- Asociación de Criadores de Ganado Porcino Celta
ASOPORCEL

I Festa do Porco Celta en Arteixo

I Festa do Porco Celta en Arteixo REDACCIÓN | ARTEIXO Arteixo convertirase o vindeiro 19 de maio na capital comarcal do porco galego ao celebrar a primeira Romaría de Porco Celta ao Espeto. A idea foi do Centro Comercial Aberto, unha asociación que agrupa a comerciantes, hostaleiros e profesionais arteixáns. Con esta iniciativa pretenden fomentar o consumo de produtos locais e ao mesmo tempo potenciar a compra no pequeno comercio. A organización prevé servir racións de porco galego para un milleiro de persoas. A forma de servilo, ao espeto, por ser máis espectacular esperan que atraia a moitos visitantes de toda a comarca. A festa gastronómica terá lugar baixo unha carpa de 1.300 metros cadrados que se instalará no campo da festa, na avenida de Fisterra. O xantar comezará sobre a unha da tarde baixo a carpa, onde haberá mesas e sillas, e tamén unha zona para bailar, pois os asistentes poderán disfrutar, antes de dar boa conta do porco, dunha sesión vermú amenizada pola orquesta Trébol. Tampouco faltarán os pasarrúas cun grupo de música tradicional galega ao longo de toda a mañá.

VI Festa do Porco Celta de Ourense en Beariz

 

O próximo 18 de marzo celebrarase a VI edición da Festa do Porco Celta de Beariz adicada este ano a Panamá.
A Asociación cultural de Amigos do Porco Celta de Beariz coa colaboración do Concello de Beariz decidiron homenaxear a este país dunha forma especial xa que o ano pasado tanto a Banda de Gaitas como unha pequena representación do propio concello foron tratados nesa viaxe dunha forma excepcional, sendo esta a segunda vez que a banda de gaitas visitaba este país.
Seguindo a liña de innovación ó mesmo tempo que de exaltación do propio produto, o porco celta, este ano os 800 comensais atoparanse unha pequena novidade, a empanada de porco celta (feita por “Pan de Beariz) e os chourizos con cachelos estarán acompañados do porco celta ao estilo Porquiño á Brasa ®, elaborando o asado a Asociación Gastronómica Cultural de Amil, organizadora da Festa do Porquiño á Brasa®, Amil-Moraña. O postre será queixo con marmelo. Contaremos tamén co fantástico Pan de Beariz, bebidas, café e licores, o prezo por persoa será de 22 euros.
Para calquera consulta o teléfono do propio concello, 988284000 ou os teléfonos 606076132-673559632. Para a venda de entradas no mesmo recinto o día da festa. De forma anticipada nos negocios do concello ou a través da conta bancaria de Nova Galicia Banco (2080-5281-62-3040013480). A reserva de mesa farase soamente por mesa completa, é dicir, 10 persoas, e mediante ingreso na conta bancaria ata o venres 16 ás 14:00h.

II Salón Monográfico da gandaría e agricultura

O II Monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2012, acolleu a xornada "Aproveitamento do Porco Celta en Extensivo". Nela, o coordinador xeral de Asoporcel, José Antonio Carril, falou, entre outros aspectos, dos diversos modelos de aproveitamento do porco celta en extensivo, as condicións mínimas das explotacións, infraestructuras necesarias, amortización da inversión e libros de rexistro. Así mesmo, destacou a contribución desta raza á mellora do medio ambiente e o silvosistema, e tamén a súa aportación positiva para evitar incendios, xa que levan a cabo unha función desbrozadora dos terreos.

Forum Gastronomico 2012

ASOPORCEL, participa por primeria vez no destacado Forum Gastronomico de Santiago 2012

 

<<  Mayo 2012  >>
 Lu  Ma  Mi  Ju  Vi  Sa  Do 
   1  2  3  4  5  6
  7  8  910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Compra - Venta

Compra Venta